
No acto de inauguración Alejandro Rodríguez Lema, alcalde de Vimianzo, deu a benvida ao Concello de Carballo á Rede de Telecentros a través de videoconferencia.
A posta en marcha deste telecentro contou cun investimento de 120.000 euros e a Secretaría Xeral de Comunicación quere convertelo nun punto de encontro do concello conseguindo incorporalo coma alternativa habitual na axenda de tempo libre da cidadanía.
O local que conta con 20 terminais de ordenador servirá para realizar cursos, roldas de prensa, videoconferencias, xuntanzas de traballo, visionado de audiovisuais ou conferencias.
Carballo intégrase na Rede de Telecentros de Comunicación
Compartir Este Artigo
