O alcalde da Estrada comunicouse por videoconferencia para dar a benvida a Marín á Rede de TelecentrosManuel José Fernández Iglesias, director xeral de Comunicación Audiovisual, inaugurou hoxe o telecentro de comunicación do concello de Marín sito na Biblioteca Pública Municipal Vidal Pazos acompañado polo alcalde da vila, Francisco Andrés Veiga Soto. Xuntos puideron saudar por videoconferencia a José Antonio Dono López, alcalde da Estrada, quen deu a benvida a María á Rede de Telecentros da Secretaría Xeral de Comunicación. O local permitirá aos cidadáns achegarse a novas canles de comunicación audiovisual e avanzar na alfabetización dixital, para o que contarán con 20 ordenadores conectados á Rede. A posta en marcha do centro contou cun orzamento de 120.000 euros. O novo telecentro pretende servir para a realización de cursos, videoconferencias, xuntanzas de traballo, roldas de prensa, conferencias ou mesmo para o visionado de audiovisuais. Fernández Iglesias e Veiga Soto inauguraron o telecentro de Marín