O emulador en Flash do T-Mobile G1 amosa superficialmente o funcionamento da plataforma AndroidO T-Mobile G1 será o primeiro móbil que se comercializará incluíndo a plataforma Android de Google, o que creou certa expectación que levou a que as reservas de terminais xa superaron ao número que chegarán ao mercado nos primeiros días, e para que os usuarios poidan ir achegándose á plataforma móbil creada por Google en colaboración con distintas empresas de telecomunicacións veñen de estrear unha web que permite ver o T-Mobile G1 en 360 graos e acceder a un emulador do móbil, que nos presenta o seu menú principal e as distintas aplicacións que inclúe por defecto (aínda que non están plenamente operativas nesta demostración). Temos así un xeito de ver o escritorio que presentará o novo móbil (que non chegará a Europa ata 2009) e a pestana despregable na que se accede a toda unha chea de aplicacións (Alarma, Navegador, Calculadora, Calendario, Cámara, Contactos, Teléfono, E-mail, Gmail, Mensaxería Instantánea, Mapas, Tenda, Mensaxes, Música e Favoritos) aínda que para facerse unha mellor idea da potencia de Android é recomendable ver algún dos vídeos que circulan pola web cun uso máis completo das distintas funcións do terminal.