Tras o remate das negociacións entre Yahoo! e Microsoft, o buscador anunciou que pretendía que Google explotase a publicidade das súas páxinas, o que estaba a ser analizado polas autoridades norteamericanas porque podería supor unha ameaza á libre competencia no sector publicitario na Internet, o que demorou a concreción deste acordo ata que chegou ao punto de racharse segundo vén de anunciar Google.
En 4 meses non foron capaces de chegar a un acordo con reguladores e anunciantes, e dende Google tampouco queren iniciar unha loita xudicial que puidera danar a relación cos seus colaboradores. Prefiren deixar así de lado os conflitos legais para centrarse nas súas actividades principais: crear produtos para os seus usuarios e colaboradores.
Google non explotará a publicidade de Yahoo!
Compartir Este Artigo
