Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Telefónica lanza Keteke, unha rede social multiplataforma e aberta a todos os usuarios de móbil
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Telefónica lanza Keteke, unha rede social multiplataforma e aberta a todos os usuarios de móbil

Fernando Sarasketa
Publicado: 21/11/2008
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

keteke.jpgO panorama de comunidades e redes sociais vén de ser obxecto dunha nova incorporación, e desta volta da man dunha empresa que ata o de agora non tiña centrados os seus principais intereses nese ámbito: Telefónica. Con todo, e tal e como explicou a operadora durante a presentación desta proposta web (hoxe mesmo en Madrid), era inevitable que a experiencia en servizos de telefonía da empresa se acabase por notar en calquera desenvolvemento en liña que fixera. E, neste punto, semella que Keteke dálle en boa medida a razón: é multiplataforma, permite interactuar dende o teléfono móbil, o computador ou a televisión (a través do servizo Imagenio, tamén de Telefónica) e achega posibilidades de acceso e emprego inmediato. O servizo, que vai encamiñado sobre todo á mocidade, céntrase polo de agora no ámbito español. Entre os seus puntos máis salientables atopamos os seguintes: posibilita o envío e recepción de contidos multimedia (fotos e vídeos sen límite de capacidade), escribir no blog propio e enviar mensaxes ás amizades.
Asemade, e cos fins de garantir as meirandes opcións de éxito e de afacerse ao espírito de apertura dos tempos web que corren, Telefónica anuncia que Keteke vai ficar aberta aos usuarios de outras operadoras.
E todo iso, sinala a operadora, malia ser unha rede social lanzada pola propia empresa e de contar con tecnoloxía e infraestrutura da compañía. Así resumiu este punto Luis Ezcurra, director de Terminais de Telefónica: “A idea é chegar a todos os usuarios da forma máis sinxela posible; que poidan pendurar os seus contidos en calquera intre e lugar e compartilos cos seus amigos dun xeito áxil e doado, no que ademais flúan e se comuniquen as gañas de pasalo ben”. Outra das innovacións que incorpora Keteke con respecto a redes sociais de semellante pau ten que ver coa achega de xogos. Para comezar, o servizo subministra un xogo multixogador de balde, Ketecity, proposta de estratexia que enfronta diferentes bandos á procura dun espazo da cidade propio de seu. “Cada xogador”, sinala Telefónica, “xera un avatar, personalízao, supera retos e interactúa co resto dos usuarios neste orixinal núcleo urbano”.
Modo de emprego
Para poder empregar Keteke, requírese unha inscrición na web www.keteke.com (dende o computador) e logo entrar no portal web http://m.keteke.com (desde o móbil) ou na canle habilitada de Imagenio. A partir de aí, se desexamos subir imaxes ou vídeos dende o móbil será preciso enviar unha mensaxe multimedia ao número 220 (Movistar) ou ao 638444220 (outro operador).

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?