Como tódolos meses, chega outro número de Código Cero na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF.
Nesta nova entrega dedicamos un especial interese Ineo, como unha das asociacións TIC que serven de motor do desenvolvemento especiamente en momentos de crise. Destacamos o amplo programa formativos para profesionais das TIC ofertado por Ineo e o congreso que a Asociación celebrou na Illa da Toxa.
Ademais tratamos outros temas entre os que destacamos os seguintes: – O Congreso APTE dá conta das súas conclusións: a máis crise, máis cooperación – Tres días de rede ininterrompida na Estrada: Kutruparty 2008 – Actividades da Semana da Ciencia 2008: no camiño dun mundo máis sostible – Soños de coñecemento libre en Málaga: a experiencia de Mancomún – Comercio rural galego na Rede: Novidades – Abre en Ourense o primeiro supermercado interactivo – Novidades no sistema de tradución aberto OpenTrad: agora incorpórase o inglés – Democom e o Concello da Coruña colaboran na internacionalización de tecnoloxía galega – Crónica dos foros sobre a comunicación do futuro celebrados en Santiago – Xogos: as novidades do lecer electrónico coa vista posta na campaña de Nadal
Novo número da edición impresa de Código Cero
Compartir Este Artigo
