
A concelleira Paz Abraira asegurou que «se trata dunha empresa subvencionada polo goberno local que ten entre as súas actividades a promoción da prostitución en Lugo», o que considerou que é «un absoluto escándalo» polo que esixen medidas ao alcalde lugués, Xosé López Orozco, quen anunciou que iniciarán unha investigación sobre o asunto, así como a posibilidade de revocar o permiso á empresa obxecto da polémico de ocupar un local no Centro de Empresas e Innovación (que tamén procurará modificar as súa normativa para impedir o seu uso por compañías que desenvolvan actividades que poidan atentar contra a dignidade de calquera persoa).
Pola súa banda, Dositeo Mouriz López, a persoa detrás de LugoInternet, publicou un comunicado en formato PDF na súa web para desmentir que promovan a prostitución en Lugo e deixando claro que se dedican exclusivamente a prestar servizos no ámbito da informática e Internet, polo que non teñen ningunha vinculación cos contidos que os seus clientes publican nas súas webs a través de aplicacións fóra do control de LugoInternet. Tamén anuncia que podería chegar os Tribunais para defender os seus dereitos ante os posibles danos para a súa imaxe que puidera ocasionar o uso político que se está a facer desta polémica.
O BNG lugués denuncia que unha empresa que dá servizos a unha web de prostitución recibe subvencións
Compartir Este Artigo
