Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Habilitan en Facebook un grupo aberto a prol dunha rede ferroviaria galega
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Habilitan en Facebook un grupo aberto a prol dunha rede ferroviaria galega

Fernando Sarasketa
Publicado: 01/12/2008
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

galitren.jpgAgora que o tren, ou -mellor dito- a ausencia de tren está no punto de mira dunha boa parte das galegas e dos galegos, a Web semella que nos pode botar unha man nas nosas arelas de contar cun servizo ferroviario en condicións que contribúa por unha banda ao desenvolvemento social e económico e, pola outra, ao uso de transportes máis limpos. Nesta liña de mobilización activa é onde se insire o que pasa por ser o primeiro grupo aberto do servizo Facebook a prol dunha rede ferroviaria propiamente galega. O espazo, chamado Amigos do Galitren, vai dirixido a converterse nunha fonte de novas sobre a cuestión do tren na nosa terra e nun foro de discusión sobre este mesmo tema. “Ao ser un grupo aberto”, sinálase en Chuza! facendo referencia á posta en marcha da proposta, “calquera usuario de Facebook pode subscribirse ao grupo”.
Por certo que o grupo, segundo se conta no propio espazo en liña acabado de lanzar, ten o seu xermolo nunha “longa noite de conversa entre galegos e foráneos, no Moose, sendo a seguinte unha das conclusións ás que se chegou: que non é preciso o AVE, senón un tren eficaz e de alta velocidade que primeiramente ligue as cidades de Santiago e Lugo… e logo xa se verá”. O espazo en cuestión, posto en marcha dende Compostela, está a incluír xa unha boa parte dos recursos habituais dos sitios abertos en Facebook: entradas, novas, foros (onde se reivindica xa un Galitren de proximidade), fotos (incluíndose das obras do AVE), artigos e vídeos (xa se pode ver unha peza de denuncia sobre o estado do transporte público en Galiza).

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?