
Este tipo de aulas están a medrar en penetración en Galicia, pasando de 11 o curso pasado a 22 no presente curso, e achegan os recursos técnicos e informáticos necesarios para que o alumnado matriculado nas ensinanzas de Aula Mentor poida poñerse en contacto cos seus titores, así como realizar titorías telemáticas, apoiándose nas TIC para impartir unha docencia completa.
A nova aula de Santa Comba contará cunha ampla e diversificada oferta educativa grazas ao Instituto de Educación Secundaria San Clemente de Santiago de Compostela, que colaborará na formación de adultos en ensinanzas básicas iniciais, educación secundaria presencial e a distancia, bacharelato a distancia e ciclos formativos para persoas adultas.
Santa Comba contará cunha Aula Mentor
Compartir Este Artigo
