O lanzamento da cabeceira de prensa Xornal de Galicia está a ultimarse, e tras unha intensa campaña publicitaria, agora sabemos que o novo medio en papel que chegará aos quioscos a semana que vén poderá empezar con certa forza na web xa que en vez de partir de cero vai aproveitar a existencia de Xornal.com (cuarto diario de Galicia en popularidade segundo o noso Top 100) para o seu posicionamento na Internet, empregando tal nome de dominio para o seu proxecto dixital.
Xornal.com leva 9 anos na Internet, e coa súa integración en Xornal de Galicia, o seu editor se converte en accionista desta última sociedade a través dun intercambio de accións. José Luis Gómez non só integra o seu xornal no proxecto de Udramedios, senón que tamén será director e conselleiro de Xornal de Galicia, contando coa subdirección de María Val.
O novo diario conta con redaccións en A Coruña, Vigo e Santiago, así como distintos correspondentes por distintos puntos de Galicia, España e o mundo, que segundo os seus responsables sería o primeiro medio galego en nacer unha única redacción para as súas versións dixital e impresa.
Xornal de Galicia estrearase na web baixo o dominio Xornal.com
Compartir Este Artigo
