Ao igual que tódolos mortais aos que a crise mundial non nos da tregua nin polo Nadal para mercar turrón do bo sen ter que escatimar ata nas améndoas e trocalas por cacahuetes, o xigante americano Google tamén vai apertar o cinto este inverno e empregar un presuposto máis moderado para celebrar o nacemento de Cristo.
Este ano, os 20.000 empregados máis envexados do planeta, terán que conformarse (pobriños eles) con facer actividades de voluntariado, ceas e visitas a museos, no tanto das extravagancias “sufridas” nas súas carnes o pasado ano.
Nas festas de Nadal de 2007, os empregados de Google puideron divertirse con espectáculos de bailarinas de cabaré, xogos de realidade virtual, buffets de sushi e incluso con esculturas de xeo co logo da compañía.
Este ano, aínda que o que sobra é xeo, semella que Google, máis que apertar o cinto pola crise, apértao por solidariedade para cos demais traballadores e non fai alarde da súa creatividade á hora de facerllo pasar ben aos seus contratados.
Google aperta o cinto este Nadal
Compartir Este Artigo

