Nos últimos meses se vén rumoreando a adopción da placa Jasper por parte das Xbox 360, o que melloraría a seguridade e optimizaría o consumo da consola de Microsoft, pero o que non agardaba ninguén é que decidisen prescindir das tarxetas de memoria de 256 Mbytes no modelo básico da consola para integrar esta memoria internamente, o que podería vir provocado polo feito de que a nova interface da Xbox 360 (coñecida coma Nova Experiencia Xbox ou NXE) ocupe uns 128 Mbytes, de xeito que funcionaría incluso sen unha tarxeta de memoria conectada á consola.
Con esta modificación os usuarios poderán gardar as súas partidas no interior da consola aínda que non conten con disco duro nin tarxetas de memoria, facendo máis intuitiva esta función, e como proba desta modificación xa se poden ver na Internet imaxes dun novo modelo de Xbox 360 no que se aprecia que unha das unidades de almacenamento seleccionables ten como icona a propia consola. Precisamente a aparición destas imaxes levou a Microsoft a confirmar a integración de 256 Mb de memoria Flash no interior das Xbox 360 Arcade.
A Xbox 360 Arcade integrará 256 Mb de memoria interna
Compartir Este Artigo
