Comparación entre os dous deseños de Google ReaderGoogle leva uns días nos que non para de renovar servizos en aparencia e prestacións, e hoxe tocoulle a Google Reader modificar a súa estética, optando por un aspecto máis minimalista e menos colorido, apostando máis pola personalización á hora de visualizar os fluxos RSS aos que estamos subscritos (elixindo se queremos que certas opcións de navegación aparezan minimizadas ou expandidas). Podemos ocultar o número de artigos por ler en cada unha das categorías feeds que consultemos e tamén aparece unha sección de «explorar cosas» nas que podemos ver fontes de información que Google nos recomenda conforme o tipo de fontes ás que esteamos subscritos actualmente. Aínda que hai novas funcións, no tocante á estética da actualización de Google Reader hai usuarios pouco conformes coa modificación aplicada hoxe, dando a impresión de que dende Google deberían coidar máis a estética das súas creacións ou mesmo permitir a personalización visual por parte do usuario.