O Concello de Brión vén de abrir, hoxe mesmo, o prazo de inscrición nun curso de informática para rapaces e rapazas de idades comprendidas entre os catro e os dez anos empadroados en Brión.
Trátase dunha formación que terá lugar entre os meses de xaneiro e marzo e que ten un custo de vinte euros por alumno.
Os rapaces serán divididos en catro grupos, dacordo coas súas idades. Así, haberá dous grupos de nenos e nenas de 4 e 5 anos, que terán as clases os luns e os venres respectivamente, outro para os pequenos de 6 e 7 anos, que terán as clases os martes, quedando os mércores para os nenos de 8 a 9 anos. En todos os casos, o horario será de 17:30 a 18:30 horas.
Asemade, os responsables da área veñen de convocar un curso de Microsoft Excel 2007 dirixido a persoas con coñecementos previos do entorno Windows. Trátase dun curso de corenta horas de duración que se impartirá tódolos martes e xoves entre o 13 de xaneiro e o 26 de marzo, en horario de 20:00 a 22:00 horas.
O número de prazas é limitado, polo que a admisión farase por orde de inscrición, tendo preferencia os veciños de Brión. A cota de inscrición será de 35 euros, para veciños empadroados, e de 50 euros, para o resto.
O prazo de incrición para ámbolos dous cursos manterase aberto ata o vindeiro día 30 de decembro. Os interesados deberán achegarse á Casa da Cultura de Brión ou chamar ao teléfono 981 509 908.
Tamén se pode facer a inscrición a través da web oficial do concello.
Novos cursos de informática para nenos e maiores en Brión
Compartir Este Artigo

