Os subscritores os paquetes de Imagenio Trío Futura de 10 ou 30 Mbps a través de redes de fibra óptica contan cun receptor de televisión compatible coa alta definición do que comezarán a tirar proveito grazas ao servizo Imagenio HD que se estreará cunha versión en alta definición da canle AXN (producida por Sony Pictures e que ofrece numerosas series de televisión e películas) aos que se sumarán novas canles nos vindeiros meses incluíndo Canal+ (que xa se ofrece en alta definición a través de satélite).
Polo momento só hai uns 54.000 clientes de Imagenio en Madrid e Barcelona que contan con esta posibilidade por estar dentro da fase pre-comercial dos servizo por FTTH de Telefónica, pendentes da aprobación da CMT para a súa xeneralización.
A alta definición chega a Imagenio
Compartir Este Artigo
