As tarefas en Gmail se poden tachar individualmente ou en grupoGoogle continúa a avanzar na elaboración dunha completa plataforma ofimática baseada na web que permite facernos prescindir totalmente das aplicacións de escritorio, e un dos últimos elementos desenvolvidos a través dos seus laboratorios chega ao Gmail, e non é máis que a elaboración de listaxes de tarefas pendentes que podemos activar configurando a interface en inglés e acudindo á sección de configuración. No apartado de Labs aparece a posibilidade de activar a función Tasks que unha vez reconfigurado o servizo á nosa lingua por defecto (entendemos que o español, pois aínda non se pode usar Gmail en galego) continuará a estar dispoñible baixo o nome de Tareas. A nova funcionalidade aparece como unha caixa que podemos minimizar, abrir nunha fiestra aparte ou utilizar sobre a interface habitual de Gmail. Permítenos listas as nosas tarefas pendentes, agrupalas mediante sangrado e tachalas cando as completemos, o que nos resultará de utilidade para non esquecer nada importante.