Mercedes anunciou que para o verán de 2009 introducirá nos seus modelos Clase S a tecnoloxía SPLITVIEW, desenvolvida en colaboración con Bosch, e que permite que o condutor do vehículo e o pasaxeiro vexan imaxes diferentes dende a mesma pantalla de 8 polgadas, de xeito que a persoa ao volante podería ver un navegador GPS mentres o seu acompañante goza dunha película en DVD.
A pantalla incrustada no automóbil amosaría distintas imaxes segundo o ángulo no que se atope o usuario, grazas a un filtro que lembra as imaxes lenticulares que se teñen empregado en carteis publicitarios ou edicións especiais de películas en DVD, pero aplicándose ao interior dun vehículo para permitir un aforro de espazo e un elegante deseño.
Mercedes presenta a tecnoloxía SPLITVIEW
Compartir Este Artigo
