Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O CLAG e os demais clústers do Estado estudan crear unha rede a nivel español
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O CLAG e os demais clústers do Estado estudan crear unha rede a nivel español

Raquel Noya
Publicado: 12/12/2008
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

Clag-3.jpgO presidente do CLAG, Antón Reixa, asistiu onte, xoves 11 de decembro, ao II Foro Clústers Audiovisuais, celebrado no Palacio Euskalduna de Bilbao, xunto aos responsables de todos os clústers audiovisuais do Estado (Euskadi, Comunidade Valenciana, Madrid, Estremadura, Andalucía e Illas Baleares) para debater entorno ao seu papel como “impulsores da innovación no sector ante a actual crise” e identificar puntos de posible colaboración que propicien a creación dunha Rede de Clústers Audiovisuais.
No devandito encontro, os representantes dos clústers acordaron “consolidar un entorno de colaboración interclusters para xerar, por unha banda, unha interlocución con organismos institucionais estatais e internacionais e, doutra, desenvolver unha rede de traballo permanente”. Para isto, os alí reunidos acordaron crear unha secretaría técnica que coordine e elabore unha axenda institucional e potencie o desenvolvemento dunha rede para compartir información, coñecemento e axendas estratéxicas de innovación. Esta rede nacional de colaboración, articulada sobre unha plataforma na Rede, incorporará iniciativas innovadoras, proxectos e programas concretos para desenvolver en cooperación.
Asemade, deste foro tamén xurdiu o compromiso de estudar o desenvolvemento de proxectos concretos de colaboración aproveitando as diferentes liñas de financiamento existentes (Programa Avanza, Interreg..). Así, estudarase en concreto a viabilidade da creación dun comité técnico de normalización que abarque toda a cadea de valor da industria audiovisual e o desenvolvemento dunha rede audiovisual colaborativa.
Os responsables dos distintos clústers acordaron desenvolver proxectos en cooperación con asociacións europeas de semellantes características, a través dos distintos programas do ámbito comunitario, tendo en conta que 2009 será o ano europeo da Innovación e a Creación, o que abrirá novas oportunidades para as organizacións.

Puntos de interese

Entre os principais puntos de interese para a colaboración entre entidades empresariais, os participantes destacaron o desenvolvemento da competitividade e a innovación, a través da creación desta rede dixital de Clústers Audiovisuais, como unha infraestrutura experimental de innovación, que permitirá aproveitar sinerxías ao propiciar o intercambio de información e experiencias de éxito entre as asociacións de todo o Estado.
Outro aspecto importante para os Clústers é o desenvolvemento do capital humano principalmente da man da mellora da formación dos profesionais; o desenvolvemento de ferramentas adecuadas para lograr unha boa xestión empresarial e tamén o fomento da creatividade e os contidos orixinais, aproveitando a irrupción da Tv interactiva e as novas plataformas e tecnoloxías.
A internacionalización das empresas do audiovisual é outra área de interese común para os clústers que propuxeron novas vías de colaboración para a participación en mercados, festivais e feiras de ámbito internacional.
O Foro Interclusters, que xurdiu a iniciativa do CLAG o ano pasado, reunirase o vindeiro ano en Valencia.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?