
Probablemente os problemas de conectividade presentados (algúns usuarios nin sequera chegaron a poder probar o servizo) se poderían ter evitado cun lanzamento progresivo, pero ao optarse por unha estratexia global era de agardar este tipo de colapsos, pois non hai que esquecer que Sony ofrece a súa rede para PS3 de balde, mentres que Microsoft cobra por boa parte dos servizos de Xbox LIVE (o que lle permite garantir unha calidade moi superior).
O novo mundo virtual de Sony tamén está a crear certa controversia, pois aparecen defensores do realismo dos seus gráficos (as comparativas de avatares da Wii, a Xbox 360 e PlayStation Home resultan moi ilustrativos), á vez que se escoitan declaracións asegurando que se trata dunha tecnoloxía anticuada, aludindo ao tempo que leva funcionando Second Life (plataforma virtual coa que PlayStation Home ten moitas coincidencias).
PlayStation Home colápsase no seu lanzamento
Compartir Este Artigo
