Os amantes á literatura teñen un novo lugar que visitar na web, o portal Literalia.tv posto en marcha dende Alcalá de Henares e que conta con financiamento comunitario e do Plan Avanza para dar vida a este espazo no que podemos ver dende un artigo semanal do director deste proxecto, Ignacio Merino, baixo o título de Las Leteras, ata unha programación en formato vídeo que na actualidade conta con 3 espazos diferentes: – Leer os hará libros: onde se divulgan os libros e autores máis interesantes, tanto actuais coma clásicos. Este programa está conducido por Ignacio Merino e o poeta Gonzalo Escarpa. – Anaqueles ocultos: lugar para tratar o mundo que está detrás dos libros, como o mundo editorial ou o proceso de creación literaria. – Basta de letras: programa no que se trata a cara máis mundana do sector, con festas editoriais, presentacións, premios e outros asuntos tratados con certo humor.
Amais, estes vídeos contan cunha produción moi televisiva e se poden tanto visualizar na web coma descargar en distintos formatos (Quicktime, Windows Media Video, iPod e 3GP) para poder reproducilos no nosos dispositivo preferido.
Literalia.tv: literatura en forma de vídeo
Compartir Este Artigo
