Os usuarios que queiran facer unha pequena aproximación ao Adobe Photoshop sen ter que pagar por iso poden descargar un titorial en formato PDF (de só 1,7 Mbytes) no que se detallan as funcións básicas da aplicación de retoque fotográfico en 30 páxinas, que serven para guiarnos na súa interface, así coma no uso de capas, efectos especiais e máscaras, para poder conseguir uns resultados dignos sen contar con moita experiencia.
O curso en PDF é obra do enxeñeiro técnico Andrés Gallego, quen o distribúe baixo licenza Creative Commons.
Curso de Photoshop en PDF e de balde
Compartir Este Artigo
