Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: En marcha o concurso literario-internauta para resumir un ano en 365 palabras
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

En marcha o concurso literario-internauta para resumir un ano en 365 palabras

Fernando Sarasketa
Publicado: 15/12/2008
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

atrapalo_blog.jpgAs palabras, para os bos escritores, non se poden tomar á lixeira. Ser conciso, dicir máis con menos e ir ao miolo do que se quere expresar é algo que teñen en común os escritores cunha manchea de usuarios de ferramentas tecnolóxicas. Esta teima por sintetizar, que é máis vella có telegrama (hai que situala se cadra na primeira escritura en pedra, proceso para o que dificilmente estarían capacitados os seareiros dos monólogos-palique), está a acadar na Sociedade da Información unha nova era de ouro. A fin de contas, a propia Sociedade da Información obriga a iso: nunha morea de datos só van ser lidos os que vaian ao gran. Celebrar isto –entre outras cousas- é precisamente o cometido da Escuela de Escritores e de Atrápalo, que veñen de convocar o certame 1 ano nun post, un concurso no que xa están mobilizados 215 internautas e que consiste en procurar o mellor resumo dos acontecementos do ano cun mínimo de palabras. Concretamente unha por cada día do ano: 365.
O certame, que chega agora á súa segunda edición, arrancou o pasado 13 de novembro e mantén aberto o prazo de entrega de traballos ata o 31 de decembro. Segundo sinalan os organizadores, a convocatoria ten o gran obxectivo de animar aos internautas a ler e crear bitácoras persoais, amais de promover o intercambio de coñecemento e a interacción. Para as interesadas e interesados en participar, dicirlles que quen gañe o concurso será recoñecido cunha viaxe a Nova York. O ano pasado inscribíronse no evento case 300 bloggers de todo o estado español. Quen queira seguir as novidades do concurso literario-internauta pode facelo dende el blog de Atrápalo, onde se dá conta das últimas novidades do concurso e se achega a posibilidade de realizar as votacións dos mellores textos presentados.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?