Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Correos.es conecta aos nenos cos Reis Magos… vía e-mail
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Correos.es conecta aos nenos cos Reis Magos… vía e-mail

Raquel Noya
Publicado: 15/12/2008
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

correos_en_lina.jpgEscribirlle a carta aos Reis Magos de Oriente cada Nadal é un costume san que, lonxe de perderse, tódolos nenos do mundo deberían ter e practicar con ilusión. Agora ben, os tempos cambian e é probable que tanto para a realeza como para os cativos e cativas as cartas tradicionais quedaran un tanto obsoletas e se decanten máis polo correo electrónico para seguir mantendo o contacto con eles e facer chegar a tempo os pedidos.
O responsables do servizo de Correos, sabedores da evolución dos medios de comunicación, veñen de instalar un servizo de e-mail na súa páxina web, a través do cal, os nenos e nenas que o desexen, poidan enviar os seus encargos por correo electrónico directamente a Oriente.
De xeito inmediato, os usuarios que envíen as súas mensaxes, reciben unha resposta electrónica confirmándolles que a súa carta está “lista para ser cursada ao destino” e ao cabo duns días reciben un agasallo nos seus fogares.
Antes de escribir a carta, os nenos e nenas que se decanten por Internet, teñen que buscar a oficina de correos en liña máis próxima a través dun divertido xogo de animación, movendo o rato cara a dereita ou cara a esquerda e manexando a un divertido personaxe escollido por eles mesmos. Polo camiño antes de dar coa devandita oficina (admito que tamén probei a buscala un anaquiño) os rapaces vanse atopando con divertidos personaxes que lles felicitan o Nadal, como un boneco de neve, e con distintos edificios adornados coas luces máis festeiras do ano; ao chegar á oficina, manteñen unha pequena conversa co dependente que lles pregunta se foron bos este ano; se a resposta é afirmativa os usuarios só terán que encher a carta e enviarlla directamente a Melchor, Gaspar ou Baltasar.
Para os nenos e nenas máis tradicionais, Correos habilitou, asemade, caixas de correo especiais para os Reis Magos en 50 capitais de provincia, entre as que se atopan as cidades de Santiago de Compostela, Ferrol e Vigo.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?