O Firefox está desmarcado por defecto no Google PackO lanzamento do Google Chrome fixo temer que o buscador máis popular do mundo fose deixando de promover o uso do Mozilla Firefox coma navegador web a favor do seu propio produto, e agora se confirman os peores prognósticos cunha modificación das preferencias de descarga do paquete de aplicacións Google Pack, que inclúe aplicacións coma Google Desktop, Picasa, Adobe Reader, Google Earth ou a versión de proba do Norton Security Scan. Agora, na versión en inglés (a española aínda está sen actualizar) deixa de estar marcado por defecto o navegador Firefox coa barra de Google e se incorpora o Google Chrome (agora que non está en fase de beta). Non se elimina a posibilidade de descargar o Firefox, pero se aparta considerándoo unha aplicación opcional coma Skype ou RealPlayer, cando ata o momento se consideraba fundamental e case imprescindible. A versión en español aínda inclúe por defecto o FirefoxParece así que Google vai comezar a tomarse en serio o seu propio navegador, e iniciará toda unha ofensiva contra o Internet Explorer, reducindo o seu apoio ao Firefox, o que podería afectar substancialmente ao navegador de Mozilla, pois a Fundación que leva o seu proxecto de desenvolvemento achega a meirande parte dos seus fondos da propia Google.