Un estudo elaborado pola axencia de comunicación Llorente y Cuenca sobre a presenza na Internet e nos medios sociais das empresas que cotizan no IBEX 35 denuncia que as compañías españolas se posicionan na Rede peor que os seus competidores estranxeiros, teñen pouca presenza na Internet a nivel internacional, teñen pouca presenza nos contornos propios da Internet e descoidan o posicionamento do seu presidente ou conselleiro delegado, xusto ao contrario que as empresas estranxeiras.
Entendemos así que a cultura de Rede nas empresas españolas aínda non é sólida, e para ilustralo podemos ver unha presentación desenvolvida por Adolfo Corujo para presentar o barómetro da presenza en liña dos integrantes do IBEX 35:
As empresas do IBEX 35 suspenden en presenza en liña
Compartir Este Artigo
