O público musulmán tamén pode gozar de mundos virtuais acordes coas súas crenzas, como Muxlim Pal, un mundo cibernético onde os seguidores da fe islámica se poden atopar cómodos, que presenta unha estética moi semellante a Habbo, pero con detalles coma que os avatares femininos non poden vestir roupa provocativa e as súas casas están decoradas con alfombras persas e soportes para a lectura do Corán.
Este mundo virtual está en probas, e conta con respaldo de Muxlim, un dos portais web con máis membros islámicos do mundo (dirixido especialmente á mocidade). Os avatares que representan aos usuarios son personalizables, e no mundo virtual hai 11 escenarios diferentes nos que tamén hai negocios nos que se poden realizar adquisicións con moedas virtuais.
Pese ao que poida parecer, este espazo electrónico non é de contido relixioso, aínda que facilita que os seus usuarios poidan seguir con tradicións coma facer os 5 rezos diarios sobre unha alfombra en dirección á Meca.
Os musulmáns contarán cun mundo virtual de seu
Compartir Este Artigo
