Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Plan Avanza para o periodo 2009-2012 creará 200.000 empregos directos e indirectos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Plan Avanza para o periodo 2009-2012 creará 200.000 empregos directos e indirectos

Raquel Noya
Publicado: 16/12/2008
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

Plan_avanza_2009.jpgO ministro de Industria, Turismo e Comercio, Miguel Sebastián, vén de clausurar a presentación do Informe, A Sociedade da Información en España 2008, na sede de Telefónica en Madrid, onde resaltou a importancia do cambio no modelo produtivo, “pasando dun modelo curtoplacista a outro baseado no coñecemento e na produtividade a medio e longo prazo”.
Como exemplo deste cambio, Sebastián destacou as novas tecnoloxías e a Sociedade da Información e o Coñecemento, que nos últimos tres anos se acentuou “grazas ao esforzo do Goberno, Comunidades Autónomas, Entidades Locais, Entidades sen ánimo de lucro e empresas”.
Na súa intervención, o ministro fixo referencia aos tres anos de funcionamento do Plan Avanza para o cal se terán movilizados, antes de que remate o 2009, máis de 6.500 millóns de euros.
Os datos enumerados polo ministro en relación ao Plan Avanza resúmense nos seguintes puntos: – Dende o 2004, España duplicou o número de internautas, acadando xa os 24 millóns de españoles. – España é o país líder en penetración da banda larga móbil, triplicando case á media europea. – O 92,14 por cento das empresas españolas xa contan con acceso a Internet de banda larga. – A porcentaxe de servizos públicos básicos electrónicos totalmente dispoñibles na Rede é do 70 por cento fronte ao 59 por cento da media europea. – A cobertura nacional da TDT acada practicamente o 90 por cento.

Sebastián lembroulle aos asistentes que, en breve, porase en marcha o Plan Avanza 2009-2012, para o que se conta con máis de 1.500 millóns de euros. O obxectivo deste novo proxecto será “dar un salto cualitativo” e facer de España “un país de referencia no ámbito das tecnoloxías, os contidos e as redes”.
O ministro sinalou, asemade, que o novo plan “permitirá crear preto de 45.000 empregos directos e indirectos anuais, o que supón uns 200.000 empregos de elevada cualificación nos vindeiros 4 anos”.
Por último, Miguel Sebastián resumiu os retos que abordará o Plan Avanza para o vindeiro periodo, entre os que cabe destacar “o peche da fenda dixital”. “a plena dixitalización dos servizos prestados polas Administracións Públicas” e “a mellora nos niveis de seguridade e confianza dos usuarios nas TIC”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?