Hai máis dun ano a xente de Slysoft logrou superar as medidas de protección de dereitos de autor dos discos Blu-ray o que abriu ás portas á realización de copias de seguridade de películas comercializadas en tal formato de alta definición, pero sendo conscientes de que este logro non sería definitivo, pois as medidas de protección dos Blu-ray son actualizables, e iso mesmo vén de acontecer, de xeito que nas últimas semanas comezaron a saír títulos cunha revisión da protección BD+ que polo momento non pode ser superada pola aplicación AnyDVD HD, aínda que os responsables estiman que en cousa de 3 meses volverán a rachar esta protección DRM, de xeito que o Blu-ray volvería a ser vulnerable.
Vemos así que a guerra de proteccións chega ao Blu-ray como xa se está a ver no DVD (xa que algunhas compañías coma Sony incorporan medidas de seguridade complementarias á protección CSS básica que van renovando cada certo tempo).
As películas en Blu-ray contan cunha actualización do seu sistema de protección
Compartir Este Artigo
