Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Internet galega conta dende hoxe cunha web ao servizo da difusión teatral
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Internet galega conta dende hoxe cunha web ao servizo da difusión teatral

Fernando Sarasketa
Publicado: 18/12/2008
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

dramaturxias_actualidade.jpgO teatro galego está arestora buscando novos contidos e, sobre todo, novas formas de comunicarse cos espectadores e co mundo. O proceso de medre e de busca é constante, e semella que a dramaturgos, actrices e actores, produtores e a toda persoa en xeral vinculada directamente coas artes escénicas, o mundo real, como canle de interacción co seu público, estáselles a quedar miúdo. Nesta liña, precisamente, é onde se insire o proxecto tecnolóxico posto en marcha polo Centro Dramático Galego (CDG): unha páxina web específica para lograr que os textos escritos dos autores galegos teñan o radio de acción máis longo posible. Dáse a casualidade de que esta proposta en liña, presentada hoxe xoves no Salón Teatro de Compostela, é practicamente nova dende o seu arranque mesmo, tanto en Galiza como no estado español en xeral. Porén, o espírito que latexa debaixo da iniciativa é tan vello coma o teatro mesmo: a fin de contas, é un xeito de usar a Rede para poñerlle á capacidade de transmisión do fenómeno escénico as engranaxes e pezas que lle faltaban. Podemos ver o resultado do proxecto neste espazo: dramaturxiasdaactualidade.org.
Máis polo miúdo e segundo relataron os seus responsables no acto de posta en longo desenvolvido en Santiago, o novo espazo en liña ten o gran obxectivo duplo de ser vía de acceso de referencia para tomarlle o pulso á escrita dramática actual, e asemade, de servir de plataforma de lanzamento para os creadores. En certa maneira, funcionará de estudo de análises e palestra, recollendo información ao mesmo tempo que a subministra. En palabras dos seus creadores, “a súa construción está deseñada para ser un híbrido entre un depósito con acceso público de textos dramáticos e un foro de lectura teatral”. Dito doutro xeito: estamos ante unha biblioteca virtual aberta especializada na dramaturxia na que, ademais, están presentes os propios autores e dáse un clima favorable ao debate e á busca de novos contidos e expresións. Segundo os seus creadores, ábrese a porta ao subministro de todo tipo de recursos: “Non desbotamos que a web se converta nun espazo onde atopar materiais, suxestións e informacións sobre o que foi escrito recentemente ou está a ser escrito arestora dende o sistema teatral galego”.
Por certo que o Centro de Creación Dramática Contemporánea (CDC), órgano dependente do CDG, terá un papel especialmente activo na evolución da páxina-servizo. De feito, e segundo engadiron os seus responsables, convivirán no espazo en liña un número sen conto de textos escritos polos participantes no obradoiro de escrita permanente Pistas para unha dramaturxia de actualidade que dirixe dentro do CDC o autor Cándido Pazó. Amais destas pezas, poderemos atopar na web outras pezas de autores recoñecidos que queiran tirar partido desta canle para presentar e difundir os seus escritos ou propostas. Asemade, a páxina inclúe unha sección internacional aberta ao mundo con obras feitas en calquera lingua, así como pezas en reposición e textos de espectáculos estreados ao longo dos últimos anos polas compañías galegas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?