Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Máis da metade dos españois escollen os SMS para felicitar o Nadal
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Máis da metade dos españois escollen os SMS para felicitar o Nadal

Raquel Noya
Publicado: 18/12/2008
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

sender-sms-6.jpgSegundo un estudo levado a cabo pola operadora de telefonía móbil Yoigo, os SMS van acaparar todo o principal papel á hora de felicitar as Festas de Nadal este ano pois é o medio que prefiren máis da metade dos españois (o 57 por cento) para facelo. As chamadas telefónicas son, por outra banda, o método que prefire a cuarta parte da poboación do estado para felicitar por esta época do ano aos seus seres queridos e só un 7 por cento dos homes e un 13 por cento das mulleres se decantan pola tradicional postal de Nadal.
É máis que probable que este último método (tan bonito e persoal como é por outra banda) se vexa totalmente desbancado este ano polas mensaxes curtas a móbiles que, dende a súa invención, non fan máis que incrementar as súas cotas de popularidade entre os usuarios de telefonía móbil. De feito, o 80 por cento dos españois envía máis de 5 felicitacións a través de SMS e o 50 por cento, máis de dez.
Un dos obxectivos do estudo levado a cabo por Yoigo era “coñecer as peculiaridades das distintas comunidades autónomas” e no caso de Galicia non se deberon ver defraudados cos resultados obtidos posto que somos os que máis SMS enviamos para felicitar o Nadal. Iso si, tamén somos os que menos chamamos pero é que non se pode ter todo e a retranca sae mellor cando se pensa ben e se redacta con coidado (aínda que só poidamos empregar un reducido número de caracteres).
Os “menos faladores” son, de feito, os homes galegos e as mulleres andaluzas (quen o diría) e os que máis felicitacións de Nadal reciben son as catalás e os galegos.
O estudo tamén revela que o 44 por cento das mulleres galegas enviamos (inclúome na grella) máis de 15 SMS de felicitación por estas datas e que somos as que menos nos acordamos dos compañeiros de traballo á hora de facelo (na miña defensa direi que iso débese a que podemos facelo persoalmente que é moito mellor e máis económico).
Tendo en conta os datos do estudo e facendo un exame de conciencia, aproveito este artigo para felicitarlle o Nadal a tódolos nosos lectores, aos meus compañeiros de traballo e xefes (nunca está de máis facer un pouco a pelota) e á miña familia (que seguramente nunca lerán isto e terei que gastar os 15 céntimos de rigor para felicitalos de novo a todos). Felices Festas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?