Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Apreixado o autor do vídeo porno chinés que burlou a censura
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Apreixado o autor do vídeo porno chinés que burlou a censura

Fernando Sarasketa
Publicado: 19/12/2008
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

kappa.jpgÁs autoridades de China semella que en materia de filtros en liña para contidos sexuais non se lles escapa unha. O caso é que a censura chinesa volveu á carga os días pasados e fíxoo cun vídeo que case lle pasa desapercibido e que, en realidade, morreu de éxito. Falamos da curta sobre unha rapaza de Shanghai coñecida como Kappa Girl (na imaxe) e que entre outras características que lle eran propias, incorporaba certos contidos sexuais que para as bempensantes autoridades do país deberon ser comparables a unha crise de importancia nacional (en realidade todo apunta a que lles importou máis o escándalo moral xerado cós danos sufridos pola persoa que aparecía no vídeo, que certamente se deron e foron graves). Resultado: o presentou autor do vídeo, que por certo tivo un gran éxito de descargas na Rede chinesa, xa está en mans da policía, e dous meses despois de telo posto en liña. Segundo conta El Navegante facéndose eco de datos achegados pola Oficina de Seguridade Pública chinesa ó xornal Shanghai Daily, o sospeitoso atópase neste intre baixo custodia polo delito de ter subministrado material pornográfico.
O detido, que gravou o vídeo e logo, enviándollo a un amigo seu, perdeu o control sobre o mesmo (premeditadamente o non, foi dar ás pantallas de centos de milleiros de internautas chineses a través das redes P2P), ten como protagonista a unha moza coñecida co alcume de Kappa nü e que traballaba daquela nun establecemento deportivo do centro da dita cidade.
Por certo que a rapaza non só tivo que aturar as visitas de centos de seareiros da peza audiovisual en cuestión (posto que no vídeo figuraban datos persoais sobre ela), senón que logo foi despedida do seu traballo. A historia, segundo informa o dito xornal, aínda deu para máis xiros argumentais (dous meses de protagonismo na Rede dan para moito): a rapaza, logo do despido, advertiu no seu blog persoal que tiña pensado tirar partido da súa repentina sona. De feito, xa ten publicadas as tarifas por se alguén se interesa por ela como modelo ou relacións públicas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?