Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O DOG publica hoxe os gañadores do concurso de recursos educativos para a Sociedade da Información
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O DOG publica hoxe os gañadores do concurso de recursos educativos para a Sociedade da Información

Raquel Noya
Publicado: 19/12/2008
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

recursos_educativos.jpgO Diario Oficial de Galicia de hoxe vén de publicar a resolución dos premios a recursos educativos para a Sociedade da Información convocados pola Consellaría de Educación, que estaban destinados ao profesorado de centros de ensino non universitario sostidos con fondos públicos.
A orde do 15 de decembro de 2008 pola que se resolve a convocatoria ao devandito galardón indica que o gañador da modalidade A, de ferramentas de autor, é José Vicente Rodríguez, que resultou galardoado con seis mil euros polo seu traballo Imaxes interactivas.
Segundo indica esta disposición, o segundo e terceiro premios desta categoría foron declarados desertos.
Na modalidade B, de materiais curriculares web e encerados dixitais, resultaron vencedores os traballos Viaxe ás estrelas e Curso I.A.I, que recibiron 6.000 e 4.000 euros respectivamente. Os terceiros postos, dotados con 3.000 euros cada un, recaeron nos traballos, Recursos educativos para encerado dixital, Pintores que molan e O blog de tecnoloxía: cara a un modelo colaborativo.
Os premios para galerías de imaxes e vídeos didácticos, os correspondentes á modalidade C, foron para Guías varias: uso de vídeo na educación viaria, que recibiu os 3.000 euros que lle correspondían ao primeiro premio, Olladas sobre Ramón Piñeiro, galardoado con 2.000 euros e Obradoiro de tecnoloxía e Xesús María Álvarez Vázquez: un erudito completo, os traballos desta categoría que quedaron en terceiro lugar e que foron recompensados con mil euros cada un.
Por último, os gañadores da modalidade D, de aplicacións de software libre, recibiron 6.000, 4.000 e 3.000 euros polos traballos, Max web, unha interface web para o Programa Máxima, Bolsa de traballo no IES de Teis e Dynpres; primeiro, segundo e terceiro clasificado, respectivamente.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?