Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Tecnópole proba o seu proxecto piloto de detección de oportunidades de I+D+i
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Tecnópole proba o seu proxecto piloto de detección de oportunidades de I+D+i

Raquel Noya
Publicado: 22/12/2008
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

tecnopole-11.jpgO Parque Tecnolóxico de Galicia, máis coñecido no sector como Tecnópole, vén de rematar un proxecto piloto de detección de oportunidades de I+D+i no Polígono Industrial de Pereiro de Aguiar (Ourense), onde se sitúan as súas instalacións, polo que se realizou un diagnóstico de nove empresas que forman parte da Asociación.
A iniciativa, que forma parte do Protocolo Común de Actuación de Creación de Antenas Tecnolóxicas de Parques en Polígonos Industriais (CATEPI), vaise facer extensiva, a partir do vindeiro ano 2009, a outros polígonos de toda Galicia.
Os responsables do proxecto aseguran que mediante este protocolo, varios parques membros da Asociación de Parques Científicos e Tecnolóxicos de España (APTE) “puxeron en marcha antenas de innovación en polígonos industriais das súas áreas de influencia con criterios de funcionamento integrados”.
Xunto co Parque Tecnolóxico de Galicia, levaron a cabo este proxecto en 2008 os parques de Albacete, Bizkaia, El Vallés (Barcelona) e Boecillo (Madrid).
Ao inicio do proxecto, que contou coa colaboración do Polígono Industrial de Pereiro de Aguiar nesta fase piloto, Tecnópole invitou a participar ás 22 empresas do recinto, das que finalmente se beneficiaron nove. A continuación, un equipo técnico do Parque Tecnolóxico de Galicia fixo unha diagnose exhaustiva da actividade e das oportunidades de cada unha das empresas en relación co seu potencial innovador e elaborou un informe en profundidade dirixido a favorecer a súa implicación en proxectos tecnolóxicos e de I+D+I. Como parte do proxecto, levouse a cabo a detección de demandas e ofertas tecnolóxicas por parte destas empresas e a busca de posibles socios para darlles cobertura dentro de Galicia ou fóra a través da Rede de Transferencia de Tecnoloxía da APTE.
As antenas de I+D+I que o protocolo estatal promove e que está previsto estender en Galiza poñen á disposición das empresas dos polígonos industriais servizos avanzados de alto valor engadido, tales como asistencia na tramitación de axudas e subvencións, axuda na busca de socios para o desenvolvemento de proxectos, apoio nas actuacións en materia de propiedade industrial e axuda, asemade, na identificación e publicación de tecnoloxías xa existentes e na formación en I+D+i do persoal das empresas.
No caso concreto do Polígono de Pereiro de Aguiar, identificouse como unha das demandas prioritarias das empresas participantes a vixilancia tecnolóxica no ámbito dos materiais e os sistemas para o deseño e a produción industrial.
Ademais, mostraron moito interese en recibir asistencia na implantación de normas de calidade e xestión medio ambiental, información sobre liñas de axudas públicas para detallistas, formación e probas de nova maquinaria automatizada para almacenistas e axuda para solicitar patentes e outras fórmulas de protección da propiedade industrial. De feito, segundo veñen de anunciar os responsables deste proxecto, “unha das empresas foi xa asesorada neste programa piloto para poder protexer as melloras realizadas sobre unha grúa desenvolvidas polo seu equipo de traballo”.
Como parte do proceso que levará á extensión do programa a outros polígonos industriais galegos, o traballo realizado neste ano incluíu tamén a realización dun mapa industrial da provincia de Ourense, que ademais do estudo en detalle do tecido empresarial serviu para identificar todos os axentes relacionados coa dinamización da economía provincial (asociacións de empresarios, federacións, centros de empresas, etc.).

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?