A Consellaría de Medio Rural vén de renovar a súa páxina web de xeito que adopta o xestor de contidos de código aberto Typo3, á vez que se incrementan os seus servizos e funcións, como a integración do sintetizador Cotovía (sistema de conversión de texto a voz desenvolvido polo Grupo de Tecnoloxías do Sinal da Universidade de Vigo e por investigadores da Universidade de Santiago de Compostela co apoio do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación de Humanidades), o que mellora substancialmente a accesibilidade deste espazo virtual.
A web conta con versión en galego, español, catalán, éuscaro e inglés, o que tamén contribúe á súa difusión fóra da nosa comunidade.

Medio Rural actualiza a súa web
Compartir Este Artigo
