A entidade galega Caixanova, a través da campaña Ahorra y punto, vén de facer entrega entre os seus clientes con contas correntes e libretas de aforro á vista, un total de 60.000 agasallos do seu catálogo de promoción, que van dende portátiles ata televisións LCD, pasando por todo tipo de artigos para o fogar e videoconsolas.
Os regalos máis demandados, que os clientes poden canxear nas oficinas da rede comercial e por Internet na páxina oficial da campaña, son a cubertería, o reloxio de cociña e o xogo de sarténs; así como as televisións LCD das que a entidade xa entregou máis de 2.000 unidades.
Dende comezos de ano, os titulares destes produtos foron recibindo puntos tódolos meses en función do saldo medio das súas contas e agora teñen os últimos días para canxealos por agasallos.
En total, a caixa de aforros aboou un total de 32,6 millóns de puntos e polo de agora lévanse canxeado a metade polo que aínda restan uns 15 millóns de puntos por canxear.
A través desta mesma campaña, o pasado verán, Caixanova sorteou catro coches entre os seus clientes.
Caixanova premia aos seus clientes con televisións LCD, consolas e portátiles
Compartir Este Artigo

