Ventura24, a páxina web de venda de Loterías e Apostas do Estado a través da Rede, vén de lanzar unha campaña de reciclaxe de décimos de lotería pola que lle entrega aos xogadores que reciclen os seus décimos non premiados, participacións electrónicas para o sorteo do Neno.
Os participantes deberán enviar os seus décimos por correo ou presentalos nas oficinas de Ventura24 para poder recibir as súas participacións de lotería do Neno e contribuir, ao mesmo tempo, a que se coide o medio ambiente.
Os responsables desta iniciativa afirman que no sorteo deste ano se empregaron máis de 4.500 kilogramos de papel para facer 520 bobinas, que conteñen entre 34.000 e 35.000 billetes cada unha.
En total, a imprenta da Fábrica de Moeda e Timbre, emitiu máis de 165 millóns de décimos, que Ventura24 quere reciclar e contribuir así á loita contra o cambio climático.
Todos os que se acheguen persoalmente ou envíen os seus décimos ás oficinas de Ventura24, na rúa Leganitos, 47-2º, 28013 de Madrid (xunto á Praza de España da capital), deberán aportar o seu nome e apelidos, o DNI e unha dirección de correo electrónico para que a web poida remitirlles as súas participacións.
A campaña comezou hoxe e manterase activa ata o vindeiro 5 de xaneiro de 2009 ás cinco da tarde.
A web Ventura24 cambia os décimos non premiados por apostas electrónicas para o sorteo do Neno
Compartir Este Artigo

