Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Xustiza non ve delito no caso de Jammie Thomas, sancionada por compartir 24 cancións
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Xustiza non ve delito no caso de Jammie Thomas, sancionada por compartir 24 cancións

Fernando Sarasketa
Publicado: 05/01/2009
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

jammie_thomas_cnn-2.jpgDende Estados Unidos e vía Bandaancha.eu e Chuza! chega estes días unha nova que, sen ser definitiva nin moito menos para a fin do debate acerca da legalidade do tráfico libre de arquivos na Rede, si que semella achegar certa vantaxe para os partidarios deste intercambio sen atrancos. A información, que provén dun caso ben concreto (o caso da cidadá norteamericana Jammie Thomas, do que falamos arreo nesta mesma páxina web e no que se obrigaba á devandita usuaria das redes abertas a pagar 220.000 dólares por compartir dúas ducias de cancións na Rede), ten feitura de síntese dun conflito a nivel mundial.
En definitiva, que Jammie Thomas gañe ou non caso semella de importancia vital para uns e outros. Como dixemos, neste intre son os defensores das redes abertas os que semellan estar obtendo distancia extra. O novo xuíz do caso dálles a razón, logo de que a propia Jammie Thomas apelara a devandita decisión e a devandita multa: opina que pendurar unha canción nun directorio público, sen arela de lucro, non pode ser chamado delito.
Jammie Thomas, que foi acusada polas seis principais empresas discográficas que operan en Estados Unidos, está neste intre libre de cargos: para o tribunal que a vén xulgando, o xurado foi informado de xeito erróneo sobre a natureza da tecnoloxía e das características das redes P2P, non vendo finalmente delito algún no feito de compartir cancións a través destas ferramentas.
Para Bandaancha.eu, a decisión xudicial é un feito sen precedentes na historia da Rede, e máis concretamente na historia do intercambio de ficheiros na Rede, un eido ata o de agora supervisado con man de ferro polo ente RIAA, a sociedade de defensa e xestión dos dereitos de autores en Estados Unidos e que ten no seu historial máis de 30.000 procedementos xudiciais por este tipo de prácticas ao longo dos últimos cinco anos.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?