Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Cae a empresa que facía seguimento en Estados Unidos dos usuarios de P2P
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Cae a empresa que facía seguimento en Estados Unidos dos usuarios de P2P

Fernando Sarasketa
Publicado: 05/01/2009
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

mediasentry-logo.jpgO ano 2009, sempre e cando non se dea un xiro brusco dos acontecementos dixitais, ben podería ser o ano da caída paulatina pero definitiva de todos aqueles atrancos postos polas grandes industrias do eido discográfico e os representantes dos seus intereses para evitar o libre intercambio dos seus produtos na Rede. Segundo conta estes días Enrique Dans no seu blog, 2009 tamén arranca con potencial para pasar á historia como o ano en que se deixou de criminalizar o uso das redes abertas de intercambio de información, as redes P2P. Os augurios son variados e veñen de diversas frontes. Por unha banda temos un novo chanzo no soado caso da internauta Jammie Thomas (caso do que falamos hoxe nesta mesma web), que vén de ser exculpada dos cargos que se lle imputaban por ter intercambiado 24 cancións a través da Internet. Pola outra, cómpre lembrar o recente movemento no dixital da Recording Industry Association of America (RIAA), entidade equivalente á SGAE en Estados Unidos, que anunciou o cese da súa colaboración con MediaSentry, a firma da que facía uso para levar a cabo tarefas de seguimento na Rede con vistas a localizar supostas infraccións dos dereitos de autor dos artistas que o ente representa.
A dita empresa, que segundo se conta chegou incluso a espiar aos usuarios da Internet e a distribuír códigos maliciosos nas redes P2P (eMule ou BitTorrent), estivo ao servizo da RIAA dende 2003, recompilando probas para inculpar e denunciar a máis de 35.000 internautas, que, malia considerarse a si mesmos inocentes, víanse na obriga de renunciar a defenderse con tal de non asumir os inasumibles custes do proceso, feito ao que se engadía o pago de multas que xiraban arredor dos 3.000 dólares de media. Segundo conta Dans, os tempos de espionaxe e violación dos dereitos mínimos de privacidade para os internautas ben poderían estar chegando á súa fin, e a caída en desgraza de MediaSentry respondería en boa medida a este cambio de rumbo dos acontecementos, un cambio de rumbo moito máis beneficioso para os usuarios de a pé.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?