Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Universidade de Vigo acollerá dúas novas aulas de robótica e software industrial
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Universidade de Vigo acollerá dúas novas aulas de robótica e software industrial

Fernando Sarasketa
Publicado: 12/01/2009
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

uvigo_fanuc.jpgA Universidade de Vigo acolleu os días pasados un duplo acordo académico-empresarial que en boa medida certifica a arela de medre das enxeñerías perante un escenario, o actual, do que aínda non se ve a fin da costa abaixo da recesión económica. Dito doutro xeito: onde noutros sectores hai cancelación de proxectos e acordos, no eido do coñecemento tecnolóxico segue a rastrexarse o contrario, comezando dende o que poderíamos considerar o primeiro sinal de boa saúde: a demanda de traballadores. Neste senso, e a propósito do acordo asinado entre a dirección da Escola Técnica Superior de Enxeñeiros da Universidade de Vigo e as empresas Fanuc Robotics (robótica) e Wonderware (software industrial), confírmase para a institución educativa galega que as firmas do eido tecnolóxico máis especializado seguen a procurar fichaxes no eido universitario. Diso precisamente tratou o convenio duplo asinado en Vigo a pasada semana: de renovar unha colaboración xa existente para poñer en marcha proxectos de inserción laboral, laboratorios-aula específicos e diversos programas de formación.
Na sinatura, que foi a maiores un recordamento das vantaxes mutuas deste tipo de actividades de colaboración (para os estudantes, porque melloran as capacidades no mercado laboral, e para as empresas, que se nutren do espírito innovador que flúe do campus), fixeron acto de presenza o reitor Alberto Gago e o profesor de Enxeñería de Sistemas e Automática e colaborador da web Código Cero, Ignacio Armesto.
Tanto eles como o director da Escola, Luís González Piñeiro, agradeceron ás ditas empresas o seu compromiso coa Universidade en accións formativas, no asesoramento de proxectos de fin de carreira dos estudantes e na habilitación de dous novos espazos físicos de aprendizaxe equipados co material achegado por ambas compañías.
Polo que respecta ás empresas, tamén tiveron palabras de apoio, agradecemento e confianza. Wonderware sinalou o importante servizo representado polas universidades á hora de cubrir amplos baleiros de oferta laboral enxeñeira en determinadas zonas de España. Ao seu xuízo, un acordo coma o devandito é unha garantía de futuro: “O convenio coa Universidade vai permitir contar a medio e longo prazo con xente moi ben preparada e que xa está afeita aos nosos produtos de software”, sinalou Jordi Rey, representante de Wonderware. Para Fanuc, que contou coa presenza de Bob Struijk (general manager), unha boa parte das esperanzas do sector das novas tecnoloxías e da economía do futuro en xeral (cada vez máis necesitada de coñecemento) está precisamente no diálogo entre as empresas e as universidades, e máis polo miúdo en proxectos como as novas aulas que van ser postas en marcha en Vigo, espazos que van permitir aos estudantes e docentes “tocar a realidade e a práctica, algo moi importante para a súa formación”, sinalou. Estas aulas, que se unen ás xa existentes achegadas por Siemens, Schneider ou Rockwell, forman parte dun proxecto educativo máis amplo encamiñado a crear cursos de entre 40 e 80 horas adaptados ás empresas coas que a Escola Técnica Superior está a colaborar e que, en palabras de Ignacio Armesto, poderán ser o alicerce ou xermolo dun futuro máster en automatización industrial.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?