Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Galiciadixital abre o ano no Campus de Ourense
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Galiciadixital abre o ano no Campus de Ourense

Raquel Noya
Publicado: 12/01/2009
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

galiciadixital_ourense.jpgUn ano máis, a exposición itinerante Galiciadixital emprende o seu percorrido polas principais vilas galegas, ás que se achega para mostrarlle á cidadanía o audiovisual e o multimedia realizados por empresas e universidades galegas, ao tempo que serve de plataforma de experimentación de novos sistemas e contidos realizados por institucións e empresas da nosa terra.
Esta réplica da exposición permanente Galiciadixital situada no Mosteiro de San Martiño Pinario de Santiago de Compostela inaugurouse esta mesma mañá na Facultade de Historia do Campus Universitario As Lagoas de Ourense e ao acto asistiu o director xeral de Comunicación Audiovisual, Manuel José Fernández Iglesias, mailo vicerreitor do devandito Campus, Juan Francisco Gálvez Gálvez, entre outras personalidades.
Galiciadixital inicia o 2009 avalada polo éxito de convocatoria que tivo no pasado ano onde máis de 27.000 persoas a visitaron.
A mostra, unha converxencia entre arte e tecnoloxía, está pensada para que os visitantes non sexan simples espectadores e participen en todo o seu percorrido, tocando e experimentando todo.
Proxeccións e xogos en 3 dimensións, un canciño que fala galego, unha viaxe virtual polas festas máis importantes da nosa comunidade… son algunhas das cousas que se poden ver nesta peculiar exposición apta para todo tipo de público.
Completando a exposición, a mostra 150 Anos de Telecomunicacións e de Creación Literaria en Galego, fai un percorrido pola historia do audiovisual en Galicia. Esta mostra está organizada pola Secretaria Xeral de Comunicación e a Universidade de Vigo, en colaboración co CGAI e o Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia.
Esta exposición, que é de balde, estará na Facultade de Historia do 12 ao 16 de xaneiro, con horario de 10:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00 horas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?