Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Os campus de Vigo axudan ao profesorado a coller as rendas da Internet
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Os campus de Vigo axudan ao profesorado a coller as rendas da Internet

Fernando Sarasketa
Publicado: 12/01/2009
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

profesorado_enlina.jpgSe para un alumno vivir a cabalo entre dous mundos (o real e o dixital) é xa practicamente imprescindible, case é de meirande obriga para os docentes, que son, por así dicilo, os webmasters do eido educativo. Dito doutra maneira: tendo en conta que o coñecemento se mide cada vez menos en libros e ficheiros e máis en bases de datos, semella que hai poucas opcións de evitar a creación dun novo tipo de axente educativo: o profesor-webmaster. Precisamente para ir subindo chanzos na súa consecución, o programa de formación para o corpo docente que impulsa a Vicerreitoría de Innovación Educativa da Universidade de Vigo desenvolve o Curso avanzado de creación de sitios web. A actividade, quen ten aberto o prazo de inscrición (pecha o día 23 ás 12 horas), vai encamiñada ao profesorado que precisa ampliar o coñecemento adquirido a través dos cursos de iniciación. Ou sexa: que vai dirixido a sentar o alicerce dun coñecemento especializado en materia de tratamento de bases de datos e posta en marcha de sitios web que vaian alén da simple exposición de coñecemento.
A web da Universidade de Vigo ofrece estes días información de primeira man sobre o curso en cuestión achegada por un dos seus responsables, José Luis Martínez Orge: “Non é programación pura e dura, pero si un pouco máis avanzada có nivel básico”. Asemade, a actividade abrangue “a configuración dun equipo como servidor web, o emprego de MySQL como servidor de bases de datos ou a administración do sitio con PHP”.
Segundo engade a Universidade no seu espazo, explicaranse no curso as características fundamentais dos sitios web dinámicos, como instalar os seus propios formularios para o envío e amoreamento de datos, deseño de zonas de acceso restrinxido, creación de xogos de páxinas mestres para sitios de comercio electrónico ou o uso de CSS para o deseño das páxinas. Por certo que o Dreamweaver 8 foi a ferramenta empregada nas edicións máis básicas do curso e retomarase agora para o seu desenvolvemento.

Matrícula en liña
O curso, de 20 horas de duración, celebrarase os días 26, 27, 28, 29 de xaneiro e 2, 3, 4, 10, 11 e 12 de febreiro de 10.00 a 12.00 h e ofértanse 20 prazas que se irán cubrindo por rigorosa orde de preinscrición. Os interesados poderán realizar a matrícula ou consultar o programa na plataforma Bubela. Entregarase un certificado de asistencia expedido pola Universidade aos que completen, cando menos, oito sesións presenciais completas das dez que compoñen o curso.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?