Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O proxecto eWater xeolocaliza a rede hidrográfica subterránea
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O proxecto eWater xeolocaliza a rede hidrográfica subterránea

Fernando Sarasketa
Publicado: 13/01/2009
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

ewater_espana.jpgA Rede, unha vez cubertas amplas áreas do xenérico, métese xa de cheo ata no máis específico. Dito doutro xeito: estamos a asistir a un proceso de incorporación de contidos e servizos no que colle absolutamente de todo. Nesta liña de exhaustividade e de recompilación inxente de datos moi localizados é onde se insire o proxecto eWater, un sistema de información plurilingüe que escolma e ofrece unha boa parte do relativo ás augas subterráneas. A posta a punto do servizo web europeo, finalizada logo de dous anos de labor intensivo, ofrece máis puntos interesantes do que pode semellar a primeira vista. Ou sexa: que a ferramenta non só pon en xogo material específico para colectivos ben sinalados (investigadores, cartógrafos, institucións públicas, ecoloxistas, xestores da auga, empresarios do agro, etc), senón que salienta en boa medida a importancia dun recurso que cómpre de todos os nosos esforzos para o seu coidado: a auga.
A páxina web en cuestión, habilitada en 13 linguas, achega acceso ás bases de datos sobre augas subterráneas e á cartografía hidroxeolóxica de 12 institutos xeolóxicos europeos: Austria, Dinamarca, Emilia-Romagna de Italia, Francia, Hungría, Países Baixos, República Checa, Lituania, Eslovenia, Eslovaquia, Suecia e España.
Mais polo miúdo, o que podemos atopar entrando neste espazo web é un exhaustivo estudo informativo sobre o líquido elemento que discorre por embaixo do solo. O sitio inclúe datos de máis de 800.000 pozos e mananciais e de niveis piezométricos, caudais e características químicas da auga, un catálogo de metadatos, un visualizador de mapas, un dicionario plurilingüe en liña e unha aplicación, o eWater móbil, que permite o acceso a información de augas subterráneas sobre o terreo grazas ao uso dun dispositivo móbil con GPS. O proxecto, que pola parte española contou coa participación activa do Instituto Xeolóxico e Mineiro, tivo un orzamento de 1,2 millóns de euros. Segundo informan os seus responsables, o que fica a partir deste punto é un labor igual de completo de asesoramento e mantemento do portal, enmarcado dentro da área de traballo de Información Xeográfica do programa europeo eContentplus.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?