Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A web da FCEER consolídase como a máis visitada do seu eido
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A web da FCEER consolídase como a máis visitada do seu eido

Fernando Sarasketa
Publicado: 14/01/2009
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

fceer_web.jpgA educación ábrese camiño na Rede coma se de algún xeito esta fose desenvolvida á súa medida. Se a este factor de concordancia lle engadimos unha vontade tirar abaixo fronteiras no eido da aprendizaxe (favorecendo colaboración entre países ou comunidades, por exemplo), estaremos a consolidar o alicerce dun escenario educacional especialmente rico: máis accesible, máis interactivo, máis universal. Este semella ser o camiño da plataforma dixital da Fundación do Centro de Estudos Eurorrexionais (FCEER), www.fceer.org, que segundo datos achegados pola propia fundación, vense de consolidar como o sitio en liña da súa temática e do seu eido de acción máis visitado do mundo.
Como dixemos, o dato despréndese dunha investigación feita pola propia entidade acerca do número de accesos a páxinas de órganos que traballen a prol da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal. Asemade, a web da FCEER figura entre os dez portais de asociacións de universidades transfonteirizas máis vistos, e todo logo de só tres anos de actividade na Internet.
Segundo informan os seus responsables, a páxina non só se está a inventar a ela mesma o longo da súa andaina, senón ao propio xeito de achegar comunicación e aprendizaxe universal a través das novas tecnoloxías. Entre os froitos recollidos ao longo desta experiencia atópase un soporte de información do acontecer na educación superior da Eurorrexión, un DVD sobre o museo virtual transfronteirizo ou a posta en funcionamento dun club de lectura virtual universitario.

Sobre a FCEER

A FCEER foi creada polas universidades de Santiago de Compostela, Vigo, A Coruña, Tras os Montes, Minho e Porto para o establecemento de sinerxías e redes de investigación que permitan a xeneralización dun espazo do coñecemento, da mobilidade e da transferencia de información.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?