O Instituto Tecnolóxico de Galicia (ITG) ten programado levar a cabo ao longo da primeira metade de 2009 ata catro proxectos de innovación para as empresas. Máis polo miúdo, trátase dunha serie de axudas (apoiadas dende distintas administracións) das que poderán beneficiarse 35 firmas da nosa terra no vieiro de mellorar a súa competitividade, xestión e produtividade. Primeiro proxecto: PEPI 2009 (trátase dunha iniciativa que, logo do éxito acadado na súa aplicación en cinco empresas galegas, volve contar de novo co financiamento do IGAPE para a súa educación por parte do persoal do ITG). Segundo proxecto: Eficien 2009 (aforro e eficacia enerxética na pequena e mediana empresa a través de auditorías enerxéticas, contando para este fin co apoio do Ministerio de Industria).
Terceiro proxecto: HG 2009. Trátase dunha iniciativa encamiñada a mellorar pola vía do software avanzado a xestión dunha empresa. Inclúe a incorporación dun cadro de mando integral, uso de facturas electrónicas e software de xestión. Para máis información sobre este programa, o Instituto Tecnolóxico de Galicia achega o seguinte vínculo: www.hgpyme.com.
Polo que respecta á cuarta das achegas, dicir que se trata do Proxecto i2m, e que vai dirixido a optimizar e impulsar a xestión da innovación en empresas manufactureiras. Conta con financiamento do Ministerio de Industria e del poderán beneficiarse seis firmas galegas que precisen dar importantes pasos adiante no día a día do seu control e produción.
O ITG achégalles ás empresas galegas catro programas de axuda na xestión
Compartir Este Artigo

