Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A web sobre unha moza que quere operarse o peito, gañadora do certame Hazruido
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A web sobre unha moza que quere operarse o peito, gañadora do certame Hazruido

Fernando Sarasketa
Publicado: 15/01/2009
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

hazruido_tetas.jpgTer éxito na Rede require ter bo ollo para detectar aquilo que a xente quere ler. Neste senso, o traballo en cuestión ten un aquel de psicoloxía e coñecemento fondo dos gustos do ser humano: cómpre empregar certo tempo en ver cales son as novas que máis se len. Premiar este sexto sentido á hora de propagar andazos informativos na Internet é o gran obxectivo de Alianzo e Strands a través do seu concurso Hazruido, do que temos falado noutras ocasións nesta web e que vén de chegar á fin da súa terceira convocatoria. Máis polo miúdo, a idea é recoñecer o mellor labor do ano nunha tarefa cada vez máis dura: o posicionamento en Google. O obxectivo dos participantes, que para este caso concreto constitúen algo así como un obradoiro de reclamos en liña, é facer que a primeira páxina que devolve Google un día concreto a unha palabra inventada sexa a súa. Sinalar que este ano o termo inventado foi comunicactivo, e que o gañador final (aquel que acadou o meirande número de ollos, ou, mellor dito, de clikcs), foi o veciño de Elxe Francisco José García, que concorreu no certame coa proposta Tetas ou Vista. Esta páxina, que foi cualificada polo xurado do concurso como especialmente orixinal, tira partido (e tamén ironiza) do interese que espertan nas canles audiovisuais todos aqueles programas onde hai unha operación de estética de por medio.
A idea, posta en marcha por Francisco e os seus compañeiros de traballo, era coller polo camiño do humor nun escenario onde cada vez hai menos crítica san e máis vontade de facer escarnio a costa de alguén. O caso é que na súa páxina contábanse as aventuras dunha moza que lle preguntaba á comunidade de internautas se debía operarse ou non o peito, tendo para tal fin 5.000 euros aforrados. A campaña, como se pode supoñer, resultou ser un éxito e os internautas participaron de maneira moi activa, non só na votación senón tamén comentando o que a suposta moza ía achegando sobre o día a día do seu proxecto no caderno blog tetasovista.com/blog.
Segundo informa a organización do certame, tamén houbo premio para Todo por mi vecina, unha tentativa de promoción a prol dun filme do que ninguén escoitou falar.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?