Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: YouTube censura un vídeo de Pereza no que se ve unha moza masturbándose
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

YouTube censura un vídeo de Pereza no que se ve unha moza masturbándose

Fernando Sarasketa
Publicado: 15/01/2009
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

pereza_margot.jpgYouTube é cada vez máis un niño de contradicións. O servizo de achega de vídeos en liña, malia o seu éxito incontestable a nivel mundial, ten que loitar con reclamacións de todo tipo por ter servido de apoio involuntario á violación de dereitos de autor pechados. A fronte activa de baixas presións vén dende todos os recantos: dende usuarios de a pé ata grandes empresas do audiovisuais que non poden seguir aturando o que para elas é incomprensible: que haxa máis audiencia dos seus produtos no YouTube, libre e de balde, ca nas súas propias canles. Leas aparte, o certo é que nos últimos tempos tamén se está a rexistrar un aumento dos casos contrarios. É dicir: de cousas que YouTube censura coma se perigase a boa saúde da súa galiña dos ovos de ouro. Un exemplo claro disto é que vén de acontecer o videoclip dunha das cancións do grupo de rock Pereza, que logo de ser pendurado no dito servizo web, foi suprimido polo que a todas luces semella unha arroutada de puritanismo a destempo.
Segundo sinala Andrés Milleiro en Hipersónica, a acción veu desencadeada por unha serie de denuncias provocadas pola aparición dunha moza masturbándose no vídeo, feito que, ao parecer (e co doado que é non ver un vídeo en caso de que non che guste), resulta máis que inadmisible para os colectivos da Rede que máis esforzos poñen á hora de salvagardar a moral do resto dos internautas que non son eles. Como era de agardar, a xogada saíulle mal aos censores e redonda aos membros de Pereza, que a fin de contas procuraban o que procura calquera artista perante o público: audiencia e seguimento. Finalmente, o vídeo da canción Margot xa foi de contado subido por unha chea de usuarios de YouTube. A pregunta que nos podemos facer é: haberá os mesmos esforzos por parte destes colectivos á hora de censurar os sanguentos ataques contra Gaza?

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?