Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A venda de móbiles gañaría pulo se estes fosen máis doados de empregar
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A venda de móbiles gañaría pulo se estes fosen máis doados de empregar

Fernando Sarasketa
Publicado: 19/01/2009
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

mobil_emprego.jpgPara a industria tecnolóxica, e neste caso concreto a dos dispositivos móbiles, un mundo ideal sería aquel no que todas as funcionalidades que achegan os aparellos que se poñen en venda fosen de verdade útiles para os usuarios, e que estes, sempre devecendo por novas vantaxes, chegaran a tal control sobre cada aparello que caese nas súa mans que tivesen as tendas de venda como o seu segundo fogar. Ou sexa: mercando móbil novo cada semana. Porén, isto dista moito de ser real e por moito que haxa unha porcentaxe de usuarios que se gaben de coñecer mellor aos seus trebellos cá si mesmos, hai outra franxa importante de poboación á que isto non lle interesa o máis mínimo. Ben porque non teñen nin tempo nin gañas de saber que lles ofrece o móbil na súa totalidade, ben porque tampouco están capacitados/as para iso. Resultado: case todo o mundo ten móbil hoxe en día pero pouca xente tira partido de todas as súas funcións.
Asemade, isto repercute nunha desaceleración no medre dos teléfonos máis avanzados en beneficio dos máis sinxelos.
Segundo un estudo publicado por Mformation e feito sobre unha base de 4.000 usuarios europeos e norteamericanos, o emprego do teléfono como tal, como un aparello que serve para facer e recibir chamadas, non é só aplicable a unha gran porcentaxe de avós e avoas con dispositivo móbil, senón tamén a outras franxas de idade. De feito, dise na investigación, o 95% dos enquisados (xente de todas as idades) declarou que estarían dispostos a probar novas funcionalidades se os seus móbiles fosen máis doados de empregar.
Asemade, para o 61% dos participantes na devandita enquisa, o labor de configuración dun teléfono móbil é tan frustrante coma mudar de conta bancaria. Esta tarefa de posta a punto do dispositivo é o que bota cara a atrás a case a metade dos enquisados á hora de mercar un novo móbil. Segundo se advirte no estudo (do que se fai eco Baquia.com de xeito completo), case un 80% dos participantes no estudo admite que mercaría un móbil máis decote se o labor de transición non fose tan dificultosa. Isto que é aplicable á configuración, tamén o é a funcións como o acceso a Internet: na meirande parte dos casos, unha mala entrada no eido da Rede pola vía do móbil motiva o peche fulminante desta canle, en beneficio das máis populares: computador e acceso convencional.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?