Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Comeza en São Paulo a Campus Party máis anticrise
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Comeza en São Paulo a Campus Party máis anticrise

Fernando Sarasketa
Publicado: 20/01/2009
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

campus_party.jpgFinalmente, e con crise ou sen ela, os internautas acaban facendo o que máis lles gusta: comunicarse. Esta é a razón básica de todos cantos encontros de usuarios das redes hai e este é o alicerce dun dos máis importantes, a Campus Party, que está a celebrarse xa na cidade brasileira de São Paulo. A xuntanza, máis anticrise e máis culturalmente libre ca nunca (semella haber entre organizadores e participantes unha vontade de arredar malas vibracións derivadas do parón económico mundial), reúne xa baixo un mesmo teito a 6.325 seareiros da Rede procedentes do país irmán e de todo o eido latinoamericano. O gran obxectivo dos organizadores (amais dos devanditos de escorrentar malos agoiros da crise e tirar abaixo atrancos no fluxo de coñecemento) e das firmas que patrocinan (entre as que se conta Telefónica) é un obxectivo duplo. Ou mellor dito: un obxectivo en dous tempos. Por unha banda preténdese o de costume, favorecer a comunicación total entre os asistentes, e pola outra búscase algo ata o de agora case inalcanzable: a comunicación entre países e sociedades. De feito, a iso precisamente responde o feito da internacionalización da Campus Party, nun principio ligada a Valencia e agora rotando polo mundo adiante.
Por certo que á fronte da Campus Party Brasil atopamos un vello coñecido de Galiza e máis polo miúdo da nosa comunidade de programación aberta: Marcelo Branco. Entre mans ten un orzamento (preto de 2,5 millóns de euros) e unha longa serie de espazos e áreas por controlar: escenarios temáticos (11), escenarios especiais (8) e áreas destacadas (5). Como non podía ser doutro xeito (tendo como ten a party en labores de dirección a Marcelo Branco, un dos líderes da promoción do software libre a nivel mundial), a programación aberta asume un papel salientable no desenvolvemento do encontro. Neste senso, están previstos relatorios, mesas redondas e mesmo obradoiros.
Tamén están programadas actividades vinculadas á robótica e aos videoxogos, que son sempre un piar indiscutible neste tipo de citas e un dos seus principais atractivos. A party, que ten as portas abertas ata este domingo, inaugúrase tamén como un espazo de encontro para o fomento do negocio e da innovación. Esta vertente comercial non é diferente da de calquera xuntanza destas características, só que o que noutras se dá en dimensións relativamente reducidas, aquí se maximiza: do que se trata é de achegar ás empresas ao sitio exacto onde se atopa concentrado o meirande número de futuros talentos, e todo co valor extra dun escenario de actividades privilexiado, o dun país en pleno espallamento económico e tecnolóxico. Polo que respecta ao programa de actividades en si mesmo, a cifra é das que causan vertixe (non podía ser doutro xeito, tendo en conta o número de asistentes): está prevista a celebración de 419 accións de moi diferente índole, amais de 1.000 relatorios, entre os que se conta os que vai impartir Tin Berners-Lee (considerado o creador da World Wide Web) ou Jon Maddog Hall (un dos máximos representantes no mundo do espírito do software libre). Tamén está confirmada a asistencia do músico Gilberto Gil, ex ministro de Cultura de Brasil e militante recoñecido da cultura libre e do intercambio de coñecemento sen atrancos.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?