Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O CCG e Innovación presentan a web dos Roteiros da cultura galega
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O CCG e Innovación presentan a web dos Roteiros da cultura galega

Fernando Sarasketa
Publicado: 23/01/2009
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

roteiros_ccg.jpgUnir cultura e redes é doado, o difícil é integrar unha cousa coa outra ata que non se saiba onde comezan e onde rematan. Para o Consello da Cultura Galega, esta proposta de establecemento de ligazóns aínda obtén máis elementos interesantes se lle engadimos un terceiro ingrediente: o turismo e a actividade sendeirista apoiados nos máis modernos recursos dixitais (xeolocalización, multimedia, participación, etc). Disto trata precisamente a iniciativa Roteiros da cultura galega, unha plataforma web (vinculada a elementos fixos) que, de xeito paradoxal, ten a súa razón de ser nun convite colectivo a camiñar. A proposta, desenvolvida polo CCG e a Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información, estréase na Internet con tres itinerarios vinculados aos grandes autores do Rexurdimento: Rosalía de Castro, Manuel Curros Enríquez e Eduardo Pondal. Tal e como se pode ver xa no espazo en liña habilitado, os recursos postos en xogo para as rutas son variados pero complementarios: Google Maps para a representación de cada unha delas, software libre, textos informativos, audio, vídeo, fotografías de calidade e coordenadas GPS.
Segundo sinala o Consello da Cultura Galega, os roteiros incorporan facilidades de emprego: podemos consultalos ou imprimilos segundo as nosas necesidades específicas, ficando a achega actualmente dispoñible a constantes engadidos vindeiros.
Para os responsables da proposta, os destinatarios da mesma son principalmente as galegas e galegos que queiran afondar no coñecemento do seu contorno tirando proveito das máis avanzadas tecnoloxías. Asemade, preténdese poñer en xogo un importante foco de información e recursos para o profesorado galego, servindo de alicerce para excursións turístico-culturais pola nosa terra.
Amais disto, Roteiros tamén naceu cunha vontade de desenvolvemento local: dáse marxe abonda para que tiren proveito da iniciativa entidades de todo tipo, dende asociacións de veciños ata fundacións, entidades comarcais ou mesmo concellos. Con este compromiso, concibiuse Roteiros como unha plataforma aberta e flexible, suxeita a integracións noutros sitios web co gallo de impulsar o turismo de proximidade e o coñecemento do patrimonio local.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?