
Con todo e pese a ser de balde mentres non se lle dan os últimos axustes, non será cen por cen de balde (a lei o permite) e os seus usuarios só poderán acceder á Internet cunhas restricións sobre o seu uso e sobre o tempo en que poderán tirarlle partido.
O obxectivo da Concellería de Rehabilitación e Cidade Histórica de Santiago non é outro que facer uso das vantaxes do equipamento (pulo á Sociedade da Información, achegamento da mesma á cidadanía) para poñer en valor o casco vello e adaptalo aos tempos que corren sen que perda a súa identidade. Segundo informa o Concello na súa web, o orzamento desta actividade é de 550.000 euros, encamiñados aos estudos previos e ao despregamento das infraestruturas.
A tecnoloxía pola que se opta, o WiMAX, apóiase no caso concreto de Compostela na instalación de tres piares: tres antenas en lugares estratéxicos que cubrirán a práctica totalidade da cidade vella. Esta rede, como dixemos, compleméntase con recursos Wi-Fi (sustentando á súa vez sobre 11 piares) que son os que están arestora achegando servizo libre (polo de agora) aos cidadáns. A intención do Concello de Santiago non é só levar a Internet á zona monumental (área onde precisamente as empresas privadas non subministran acceso de banda larga), senón tamén aos espazos rurais.
A rede WiMAX de Santiago estará totalmente operativa en breve
Compartir Este Artigo

